Centro de Servizos Avanzados

O CSA será un centro neurálxico de innovación e negocio tecnolóxico en Galicia

ACTO PÚBLICO DE APERTURA DO SOBRE 3 DO CONCURSO DE IDEAS “CIDADE DAS TIC”

En sesión celebrada o 3 de decembro de 2020, o xurado do concurso de ideas “Cidade das TIC” emitiu o fallo sobre a proposta gañadora, segundo, terceiro clasificado e mención honorífica. De acordo co establecido no punto 15.4 do prego administrativo, a apertura do Sobre 3 de documentación administrativa celebrarase en acto público o 11 de decembro de 2020 ás 11:30 horas de forma telemática . Os concursantes que desexen asistir telemáticamente deber cubrir o seguinte formulario:

19 PROPOSTAS RECIBIDAS NO CONCURSO DE IDEAS CIDADE DAS TIC

17/11/2020. No día de hoxe o Xurado do concurso procedeu á apertura do Sobre 1 das 19 propostas recibidas sendo, ata o momento, todas admitidas para a súa valoración. A relación dos lemas das propostas son os seguintes:

1.     SPORT(MAN) 1.0

2.     BRADBUTY LCG

3.      EGJIA 117

4.      entrelosarboles001

5.      AS FOUND!

6.      FRAMEWORK

7.      TAK-TIC

8.      Make tomato, not weapon

9.      carballos no ceo

10.   CLAREIRO

11.   BALA PERDIDA

12.   CSA 2020

13.   DOOM 2020

14.   COFIA

15.   ZERO-CO2

16.   MOTHERBOARD

17.   CITY IN PARK

18.   un adiós a las armas

19.   ZEPPELIN

ANUNCIO DE APERTURA DE PROPOSICIÓNS

Anúnciase a apertura das proposicións presentadas en tempo e forma o próximo 17 de novembro ás 10:00 horas, en acto non público do Xurado do concurso, que se realizará na Sede do Agrupación industrial TIC Galicia en Santiago de Compostela (Edificio do Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura de Galicia, Monte  Gaiás s/n, Santiago de Compostela).

NOVO: concurso con intervención de xurado para a redacción de proxecto, dirección de obras e traballos de seguridade e saúde do Centro de Servizos Avanzados e estudo de detalle da rehabilitación da Fábrica de Armas para Cidade das TIC.

Data de publicación da licitación: 28 de Setembro de 2020

Atendendo ás peticións recibidas reconsiderouse o prazo para a presentación de proposicións, ampliándoo en DEZ DÍAS NATURAIS (10). Desta forma a data límite de presentación de propostas finaliza ás 14:00 horas do 12 de novembro de 2020.

Cubre este formulario para acceder á información do concurso:

Unha vez enviado o formulario, accederás á páxina onde poderás descargar os documentos do concurso e máis información.

As dúbidas e as consultas que lles poidan xurdir aos concursantes durante o desenvolvemento deste concurso deberán ser remitidas por escrito ao enderezo de correo electrónico concurso@cidadedastic.gal no plazo dunha semana desde a publicación do anuncio de licitación.

PREGUNTAS E RESPOSTAS CONCURSO CIDADE DAS TIC

Nesta sección aparecen as preguntas e respostas recibidas sobre o concurso remitidas en tempo e forma segundo o establecido no Prego de Condicións e cuxo prazo finalizou o 5 de outubro de 2020.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA CIDADE DAS TIC

Xornadas de Portas Abertas da Cidade das TIC: 5 e 14 de Outubro de 2020. Os concursantes que o desexen, poderán visitar os terreos da Cidade das TIC; situados na Avenida Pedralonga, 32, 15009 A Coruña; os días indicados en horario de 10:00 h. a 18:00 h. Para manter as condicións de seguridade con motivo da pandemia COVID – 19, organizaranse quendas de visita cada 30 minutos. 

Sobre o CSA

A Cidade das TIC recibiu apoio financeiro de 4,8 millóns de euros da Xunta de Galicia a través do Igape para a construción do Centro de Servizos Avanzados – CSA, un centro de demostración, prototipado e lanzamento de proxectos para a implantación das TIC nos sectores económicos de Galicia. 

Trátase do primeiro espazo co que arranca a Cidade das TIC e entrará en funcionamento no ano 2022 coa posta en marcha de cinco laboratorios avanzados e de 2600 m2 de espazo para o aloxemento de empresas TIC.

Un centro de…

  • Encontro entre clientes e provedores de solucións TIC para a transformación dixital da industria.

  • Facilitación, en modo de uso compartido, de tecnoloxías TIC industriais (Mediatech, Intelixencia Artificial, Internet das Cousas, sensores, BPM, simuladores).

  • Execución das tarefas temperás de definición (prototipado, demostración, análise de alto nivel) dun proxecto de transformación dixital industrial, antes da súa definición ante o mercado.

  • Encontro entre clientes, empresas TIC, universidade e centros de coñecemento.

  • Localización de empresas tecnolóxicas relacionadas cos obxectivos do proxecto.

Laboratorios compartidos de innovación

Os laboratorios compartidos de innovación enténdense como espazo combinado de medios, servizos de prototipado e servizos de lanzamento de proxectos TIC industriais ao servizo do tecido empresarial.

Promotores

O CSA está xestionado pola Sociedade Centro de Servizos Avanzados Cidade das TIC, S.L., en cuxo accionariado participan 13 entidades lideradas polo Clúster TIC de Galicia e a Universidade da Coruña.

O CSA contará cunha superficie total de 4600 m2, dos cales 2000 m2 corresponden á zona de laboratorios e espazos comúns e 2600 m2 están destinados ao aloxamento de empresas.

Posta en marcha do CSA

O calendario para a construción e a posta en marcha do CSA é o seguinte:

Decembro 2020

Proxecto de execución do CSA

Febreiro 2021

Inicio das obras

Febreiro 2022

Finalización das obras

Outubro 2022

Posta en funcionamento dos laboratorios avanzados e o aloxamento de empresas TIC.

NOVO: concurso con intervención de xurado para a redacción de proxecto, dirección de obras e traballos de seguridade e saúde do Centro de Servizos Avanzados e estudo de detalle da rehabilitación da Fábrica de Armas para Cidade das TIC.

Data de publicación da licitación: 28 de Setembro de 2020

Cubre este formulario para acceder á información do concurso:

Unha vez enviado o formulario, accederás á páxina onde poderás descargar os documentos do concurso e máis información.

As dúbidas e as consultas que lles poidan xurdir aos concursantes durante o desenvolvemento deste concurso deberán ser remitidas por escrito ao enderezo de correo electrónico concurso@cidadedastic.gal no plazo dunha semana desde a publicación do anuncio de licitación.

Xornadas de Portas Abertas da Cidade das TIC: 5 e 14 de Outubro de 2020. Os concursantes que o desexen, poderán visitar os terreos da Cidade das TIC; situados na Avenida Pedralonga, 32, 15009 A Coruña; os días indicados en horario de 10:00 h. a 18:00 h.

Scroll to Top
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies