As TIC que conectan

Proxecto estratéxico para crear un polo TIC e de innovación dixital de referencia a nivel nacional e internacional na Coruña

Localización única e excelente mobilidade

A 5 minutos do centro da Coruña, próximo ao campus universitario e con máis de 10 000 m2 de áreas de aparcadoiro.

Espazos adaptables a cada empresa

Dispoñibles desde pequenos espazos de oficina ata edificios completos. Posibilidade de servizos comúns, como os de seguridade e limpeza.

Sinerxías no ámbito universitario e investigador

Un centro de formación universitaria especializado, centro de investigación en I+D TIC e unha aceleradora e incubadora en alta tecnoloxía.

Servizos sociais e colexiados

Posibilidade de servizos comúns, como os de seguridade e limpeza. Tamén restaurante e cafetería, gardería, zona deportiva...

Un ecosistema TIC dinámico e vangardista

A Coruña e a súa área metropolitana destacan pola fortaleza do sector empresarial TIC, xa que concentra unhas 700 empresas (o 27 % do total de Galicia) e xera máis de 7200 empregos (o 40 % do emprego do sector).

A Cidade das TIC conta co apoio explícito de todas as Administracións co obxectivo de contribuír á especialización de Galicia en tecnoloxías emerxentes. Desenvolveranse tecidos empresariais conectados e máis competitivos, impulsaranse as TIC e a dixitalización de Galicia e crearase un centro en intelixencia artificial de referencia a nivel nacional e internacional.

Localización

A Cidade das TIC está situada nos terreos da antiga Fábrica de Armas, na Avenida de Pedralonga da Coruña.

Con máis de 128 000 m2, atópase nunha localización única e cunhas conexións de mobilidade excelentes co resto da cidade, o campus universitario, a autoestrada AP9 e o aeroporto. Os terreos foron cedidos polo Ministerio de Defensa á Universidade da Coruña no ano 2020 para impulsar a Cidade das TIC de forma sustentable e escalable nun complexo industrial histórico.

A 0 min
Estación de tren
A 0 min
Centro da Coruña
A 0 min
Praia de Santa Cristina
A 0 min
Aeroporto

Entidades impulsoras

Industria de futuro

A Cidade das TIC aspira a ser a primeira referencia no ámbito da intelixencia artificial de España.

 

+ 0
novos empregos en 4 anos
+ 0
millóns de euros de investimento
+ 0
metros cadrados de superficie
+ 0
metros cadrados dispoñibles

Innovación industrial

Infraestruturas de innovación e servizos TIC avanzados para a innovación industrial

Parque empresarial

Un parque empresarial TIC para o aloxamento de pequenas e grandes empresas tecnolóxicas

Campus tecnolóxico

Un campus tecnolóxico vinculado á Universidade da Coruña con cabida para un centro de I+D.

Incubadora de IA

Unha incubadora empresarial de alta tecnoloxía, principalmente centrada en intelixencia artificial

Centro de Servizos Avanzados

Un centro demostrativo e de servizos avanzados con novas dotacións tecnolóxicas para as empresas.

Espazos formativos e de difusión TIC

Espazos de formación e difusión TIC: para fomentar a colaboración entre empresa TIC e universidade

Sede de intelixencia artificial

A proposta de ser a sede dun nodo da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial

Servizos de apoio á cidade

Servizos de apoio á cidade: servizos sociais e servizos centrais complementarios

Un ecosistema TIC sustentable

A sustentabilidade é o principio reitor que guiará a rehabilitación do complexo, así como a súa mobilidade.

A Cidade das TIC contribuirá a estimular e atraer a Galicia e grandes socios tecnolóxicos internacionais en novas tecnoloxías emerxentes.

Centro de Servizos Avanzados

A Cidade das TIC recibiu un apoio financeiro de 4,8 millóns de euros da Xunta de Galicia a través do Igape para a construción do Centro de Servizos Avanzados (CSA), un centro de demostración, prototipado e lanzamento de proxectos para a implantación das TIC nos sectores económicos de Galicia. Suporá la habilitación de 2600 m2 que estarán dispoñibles para o aloxamento de empresas TIC a partir de inicios de 2022. 

Parque empresarial

A Cidade das TIC pon a disposición máis de 30 000 m2 para a instalación de pequenas e grandes empresas tecnolóxicas para fomentar o crecemento TIC responsable, a innovación tecnolóxica e a xeneración de talento. Esta superficie repartida en cinco naves actuais pode ampliarse en función da demanda. 


Queres solicitar máis información ou tes dúbidas sobre Cidade das TIC?

Teléfono

+34 881 939 651

Correo electrónico

info@cidadedastic.gal

Scroll to Top
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies