A Cidade das TIC é unha iniciativa estratéxica para crear un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia a nivel nacional e internacional na Coruña, nos antigos terreos da Fábrica de Armas, situados na avenida de Pedralonga da Coruña. Con máis de 128 000 m2 encóntrase nunha localización única e cunhas conexións de mobilidade excelentes co resto da cidade, o campus universitario, a autoestrada AP9 e o aeroporto.
Os terreos foron cedidos polo Ministerio de Defensa á Universidade da Coruña no ano 2020 para impulsar a Cidade das TIC de forma sustentable e escalable nun complexo industrial histórico.