Cidade das TIC
A Cidade das TIC é unha iniciativa estratéxica para crear un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia a nivel nacional e internacional na Coruña, nos antigos terreos da Fábrica de Armas.
Un ecosistema TIC dinámico e vangardista
O proxecto conta co apoio explícito de todas as administracións, ademais da Universidade da Coruña e o Clúster TIC de Galicia como promotores iniciais da iniciativa. Desde a Cidade das TIC…
- contribuirase á especialización de Galicia en tecnoloxías emerxentes;.
- desenvolveranse tecidos empresariais conectados e máis competitivos; e
- impulsaranse as TIC e a dixitalización de Galicia e crearase un centro en intelixencia artificial de referencia a nivel nacional e internacional.
A Cidade das TIC é un ecosistema que combinará os seguintes elementos:

A Cidade das TIC aspira a converterse na primeira referencia no ámbito da intelixencia artificial de España.
Apoio público institucional
A Cidade das TIC conta co apoio institucional de todas as Administracións públicas para facer da Coruña e a súa área metropolitana un dos principais polos tecnolóxicos a nivel nacional.





Unha cidade en marcha: fases do proxecto
O arranque da Cidade das TIC comezou en marzo de 2020 coa cesión dos terreos nos que se situará polo Ministerio de Defensa á Universidade da Coruña. En xullo de 2020 a Xunta de Galicia, a través do Igape, concedeulle unha axuda de 4,8 millóns de euros para a posta en marcha do Centro de Servizos Avanzados TIC (CSA), o que suporá a rehabilitación integral dunha das naves do complexo cuxas obras comezarán a principios de 2021. Nesa data tamén está previsto o inicio do acondicionamento e a urbanización interna do complexo que realizará o Concello da Coruña.
A rehabilitación da nave que aloxará o CSA supón ademais arrancar co parque empresarial coa posta a disposición de máis de 2600 m2 para o aloxamento de empresas TIC.
-
Marzo de 2020:
Cesión dos terreos da antiga Fábrica de Armas para a construción da Cidade das TIC.
-
Xullo de 2020:
Concesión de 4,8 millóns de euros para a construción do CSA.
-
Primeiro trimestre de 2021:
Inicio das obras do CSA e urbanización interna da Cidade das TIC.
-
Último trimestre de 2022:
Funcionamento do CSA.
-
2022-2023
Inicio do aloxamento nos Pabellóns das empresas TIC.
-
2023-2024
Finalización da rehabitación dos restantes edificios da Cidade das TIC.