Parque empresarial

A Cidade das TIC disporá dun contorno empresarial único para crear sinerxías empresariais.

Obxectivos do parque empresarial

Ampliar necesidades e servizos

Darlles resposta ás necesidades das empresas TIC de contar con novos espazos para ampliar instalacións e desenvolver novos servizos tecnolóxicos avanzados.

Situar novas empresas

Situar novas empresas tecnolóxicas xurdidas no ecosistema TIC galego. Excelentes dotacións de mobilidade e espazos totalmente adaptables.

Atraer empresas internacionais

Atraer unidades de negocio de empresas tecnolóxicas nacionais e internacionais, así como de empresas tractoras demandantes de servizos tecnolóxicos avanzados.

Un parque empresarial sustentable e escalable

A área empresarial desenvolverase cos maiores estándares de sustentabilidade, tanto na rehabilitación dos edificios existentes como na construción das novas edificacións.

Por que aloxarse na Cidade das TIC?

  • LOCALIZACIÓN ÚNICA

    Unha localización única: a 5 minutos do centro da Coruña, próxima ao campus universitario e conectada coa AP9.

  • EXCELENTES DOTACIÓNS DE MOBILIDADE

    Más de 10 000 metros cadrados de áreas de aparcadoiro e transporte público directo á cidade.

  • ADAPTABLE ÁS NECESIDADES DA EMPRESA

    Dispoñibles espazos variados, desde pequenos espazos de oficina ata edificios completos.

  • SINERXÍAS CO ÁMBITO UNIVERSITARIO E INVESTIGADOR

    Un centro de formación universitaria especializado, un centro de investigación en I+D TIC e unha aceleradora e incubadora en alta tecnoloxía situados no mesmo espazo.

  • SERVIZOS COLEXIADOS

    Posibilidade de servizos comúns, como os de seguridade e limpeza.

  • SERVIZOS SOCIAIS DA CIDADE

    Restaurante e cafetería, gardería, zona deportiva…

Scroll to Top
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies