As TIC na Coruña

Unha aposta pola industria de futuro

Un sector TIC en crecemento

A Coruña e a súa área metropolitana destacan pola fortaleza do sector empresarial TIC, xa que concentra unhas 700 empresas (o 27 % do total de Galicia) e xera máis de 7200 empregos (o 40 % do emprego do sector).

Dos 2643 millóns de euros de facturación TIC de Galicia, concéntranse na provincia da Coruña máis da metade, coa área metropolitana como principal polo de concentración empresarial.

As empresas do sector TIC atópanse nunha fase expansiva, tanto desde o punto de vista tecnolóxico como empresarial, con perspectivas positivas de crecemento nos vindeiros anos.

Ademais, o sistema de coñecemento e de investigación TIC da Coruña destaca polo seu liderado impulsado pola Universidade da Coruña e o seu Campus Innova e a existencia de centros de investigación e tecnolóxicos especializados.

A intelixencia artificial, a robótica, o procesamento da linguaxe natural, o big data ou a visión artificial son ámbitos científicos e tecnolóxicos nos que a Universidade da Coruña é líder.

O sector TIC galego está a ser dos máis dinámicos en canto á súa evolución e perspectiva de futuro

+ 0 empresas TIC
+ 0 empregos TIC

Só na Cidade das TIC espérase xerar máis de 500 novos empregos nos vindeiros anos.

Scroll to Top
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies