Histórico 2020-23: Proxecto Centro de Servizos Avanzados

¿Que fixemos entre os anos 2020 e 2023 para a posta en marcha do CSA?

Axudas do IGAPE ao investimento en infraestruturas locais
A sociedade do CSA é beneficiaria dunha axuda do programa do IGAPE “Centros de Fabricación Avanzada”, cuxo resultado é fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e promover o crecemento e consolidación das pemes

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Conseguir un tecido empresarial máis competitivo
Unha maneira de facer Europa

PROCESO NEGOCIADO CONTRATACIÓN DE OBRA CSA

Concluida a licitación aberta para a obra para a rehabilitación do edificio do CSA, e resultando a mesma finalmente deserta, iniciouse un proceso negociado sen publicidade. A continuación pódense consultar os principais documentos relativos a todo o proceso e a proposta final de adxudicación á oferta presentada por ACCIONA.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO DE SOLICITUDE DE ESPAZOS

Publícase a resolución definitiva do “Proceso de solicitude de espazos no Centro de Servizos Avanzados e nas 3 primeiras Naves adicionais da Cidade das TIC”.

PUBLICACIÓN LICITACIÓN DE OBRA PARA A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO DO CENTRO DE SERVIZOS AVANZADOS

Sábado 21 agosto de 2021.- Publícase a licitación da “OBRA PROXECTO DE REHABILITACIÓN DA NAVE 2 DA FÁBRICA DE ARMAS DA CORUÑA PARA CENTRO DE SERVIZOS AVANZADOS (CSA) CIDADE DAS TIC“.
A data límite de presentación de proposicións é o 5 de outubro de 2021.

Tal e como se recolle na documentación de licitación, calquera comentario ou consulta sobre o proceso e a documentación pode dirixirse a info@cidadedastic.gal no prazo especificado.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL SOLICITUDE DE ESPAZOS

Publlícase a resolución provisional do “Proceso de solicitude de espazos no Centro de Servizos Avanzados e as 3 primeiras Naves adicionais da Cidade das TIC”. A partir da data de publicación da resolución, o 23 de xullo 2021, os solicitantes contarán cun prazo de 15 días para presentar cuaquera tipo de alegación ao respecto

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR ESPAZOS

Ata o vindeiro 3 de xuño se podrán solicitar espacios nas primeiras 4 naves que se reformarán na Cidade das TIC que conforman unha oferta de algo máis de 17.000m² no Campus Empresarial.

Nunha primeira fase reformarase a nave do Centro de Servizos Avanzados (CSA), onde as empresas poderán aluguer espazos de oficina xa deseñados, e as Naves 2, 3 e 4 (contiguas ao CSA) onde as empresas tecnolóxicas poderán dimensionar e deseñar o seu propio espazo. .

O prezo base do aluguer mensual é de 11,5€/m² podendo chegar con descontos por vinculación aos 10€/m².

As solicitudes deberán dirixirse a info@cidadedastic.gal

CONSULTAS PROCESO DE SOLICITUDE ESPAZO EMPRESARIAL

Nunha primeira fase da Cidade das TIC, acondicionaranse 4 naves: a nave do Centro de Servizos Avanzados de 2.000m² e 3 naves máis que ofrecerán 15.000m² de espacio configurable a deseñar segundo as necesidades das empresas tecnolóxicas que soliciten ubicarse nas mesmas

O Campus empresarial da Cidade das TIC (CdT) ofrece unha amplia variedade de espazos e as empresas tecnolóxicas interesadas en ubicarse no mesmo poderán alugar espazos de oficina xa diseñados no Centro de Servizos Avanzados ou ben dimensionar e deseñar o seu propio espazo nas Naves 2, 3 y 4.

Ábrese un período de consultas sobre o proceso de solicitude de espazos nestas 4 naves que irá do 27 de abril ao 19 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de solicitude de espazos do 20 de maio ao 3 de xuño.

As consultas deberán dirixirse a info@cidadedastic.gal

ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN

A Sociedade Centro de Servizos Avanzados Ciudad das TIC, S.L., como entidade contrante do concurso de ideas “Cidade das TIC” publica o anuncio de adxudicación definitiva.

FALLO DO XURADO CONCURSO DE IDEAS “CIDADE DAS TIC”

Despois do fallo do jurado do concurso de ideas «Cidade das TIC», e unha vez desvelada a identidade dos participantes despois da apertura do sobre 3 o venres 11 de decembro de 2020, publícase a información relativa á proposta gañadora, segundo, terceiro clasificado e mención honorífica.

ACTO PÚBLICO DE APERTURA DO SOBRE 3 DO CONCURSO DE IDEAS “CIDADE DAS TIC”

En sesión celebrada o 3 de decembro de 2020, o xurado do concurso de ideas “Cidade das TIC” emitiu o fallo sobre a proposta gañadora, segundo, terceiro clasificado e mención honorífica. De acordo co establecido no punto 15.4 do prego administrativo, a apertura do Sobre 3 de documentación administrativa celebrarase en acto público o 11 de decembro de 2020 ás 11:30 horas de forma telemática.

19 PROPOSTAS RECIBIDAS NO CONCURSO DE IDEAS CIDADE DAS TIC

17/11/2020. No día de hoxe o Xurado do concurso procedeu á apertura do Sobre 1 das 19 propostas recibidas sendo, ata o momento, todas admitidas para a súa valoración. A relación dos lemas das propostas son os seguintes:

1.     SPORT(MAN) 1.0

2.     BRADBUTY LCG

3.      EGJIA 117

4.      entrelosarboles001

5.      AS FOUND!

6.      FRAMEWORK

7.      TAK-TIC

8.      Make tomato, not weapon

9.      carballos no ceo

10.   CLAREIRO

11.   BALA PERDIDA

12.   CSA 2020

13.   DOOM 2020

14.   COFIA

15.   ZERO-CO2

16.   MOTHERBOARD

17.   CITY IN PARK

18.   un adiós a las armas

19.   ZEPPELIN

ANUNCIO DE APERTURA DE PROPOSICIÓNS

Anúnciase a apertura das proposicións presentadas en tempo e forma o próximo 17 de novembro ás 10:00 horas, en acto non público do Xurado do concurso, que se realizará na Sede do Agrupación industrial TIC Galicia en Santiago de Compostela (Edificio do Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura de Galicia, Monte  Gaiás s/n, Santiago de Compostela).

NOVO: concurso con intervención de xurado para a redacción de proxecto, dirección de obras e traballos de seguridade e saúde do Centro de Servizos Avanzados e estudo de detalle da rehabilitación da Fábrica de Armas para Cidade das TIC.

Data de publicación da licitación: 28 de Setembro de 2020

Atendendo ás peticións recibidas reconsiderouse o prazo para a presentación de proposicións, ampliándoo en DEZ DÍAS NATURAIS (10). Desta forma a data límite de presentación de propostas finaliza ás 14:00 horas do 12 de novembro de 2020.

Cubre este formulario para acceder á información do concurso:

Unha vez enviado o formulario, accederás á páxina onde poderás descargar os documentos do concurso e máis información.

As dúbidas e as consultas que lles poidan xurdir aos concursantes durante o desenvolvemento deste concurso deberán ser remitidas por escrito ao enderezo de correo electrónico concurso@cidadedastic.gal no plazo dunha semana desde a publicación do anuncio de licitación.

PREGUNTAS E RESPOSTAS CONCURSO CIDADE DAS TIC

Nesta sección aparecen as preguntas e respostas recibidas sobre o concurso remitidas en tempo e forma segundo o establecido no Prego de Condicións e cuxo prazo finalizou o 5 de outubro de 2020.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA CIDADE DAS TIC

Xornadas de Portas Abertas da Cidade das TIC: 5 e 14 de Outubro de 2020. Os concursantes que o desexen, poderán visitar os terreos da Cidade das TIC; situados na Avenida Pedralonga, 32, 15009 A Coruña; os días indicados en horario de 10:00 h. a 18:00 h. Para manter as condicións de seguridade con motivo da pandemia COVID – 19, organizaranse quendas de visita cada 30 minutos. 

Tras el fallo del jurado del concurso de ideas «Cidade das TIC», y una vez desvelada la identidad de los participantes tras la apertura del sobre 3 el viernes 11 de diciembre de 2020, se publica la información relativa a la propuesta ganadora, segundo, tercer clasificado y mención honorífica.

Sobre o CSA

A Cidade das TIC recibiu apoio financeiro de 4,8 millóns de euros da Xunta de Galicia a través do Igape para a construción do Centro de Servizos Avanzados – CSA, un centro de demostración, prototipado e lanzamento de proxectos para a implantación das TIC nos sectores económicos de Galicia. 

Trátase do primeiro espazo co que arranca a Cidade das TIC e entrará en funcionamento no ano 2022 coa posta en marcha de cinco laboratorios avanzados e de 2600 m2 de espazo para o aloxemento de empresas TIC.

Un centro de…

  • Encontro entre clientes e provedores de solucións TIC para a transformación dixital da industria.

  • Facilitación, en modo de uso compartido, de tecnoloxías TIC industriais (Mediatech, Intelixencia Artificial, Internet das Cousas, sensores, BPM, simuladores).

  • Execución das tarefas temperás de definición (prototipado, demostración, análise de alto nivel) dun proxecto de transformación dixital industrial, antes da súa definición ante o mercado.

  • Encontro entre clientes, empresas TIC, universidade e centros de coñecemento.

  • Localización de empresas tecnolóxicas relacionadas cos obxectivos do proxecto.

Laboratorios compartidos de innovación

Os laboratorios compartidos de innovación enténdense como espazo combinado de medios, servizos de prototipado e servizos de lanzamento de proxectos TIC industriais ao servizo do tecido empresarial.

Promotores

O CSA está xestionado pola Sociedade Centro de Servizos Avanzados Cidade das TIC, S.L., en cuxo accionariado participan 13 entidades lideradas polo Clúster TIC de Galicia e a Universidade da Coruña.

O CSA contará cunha superficie total de 4600 m2, dos cales 2000 m2 corresponden á zona de laboratorios e espazos comúns e 2600 m2 están destinados ao aloxamento de empresas.

Posta en marcha do CSA

O calendario para a construción e a posta en marcha do CSA é o seguinte:

Maio 2021

Proxecto de execución do CSA

Marzo de 2022

Inicio das obras

Decembro de 2022

Finalización das obras

2023

Posta en funcionamento dos laboratorios avanzados e o aloxamento de empresas TIC.

NOVO: concurso con intervención de xurado para a redacción de proxecto, dirección de obras e traballos de seguridade e saúde do Centro de Servizos Avanzados e estudo de detalle da rehabilitación da Fábrica de Armas para Cidade das TIC.

Data de publicación da licitación: 28 de Setembro de 2020

Cubre este formulario para acceder á información do concurso:

Unha vez enviado o formulario, accederás á páxina onde poderás descargar os documentos do concurso e máis información.

As dúbidas e as consultas que lles poidan xurdir aos concursantes durante o desenvolvemento deste concurso deberán ser remitidas por escrito ao enderezo de correo electrónico concurso@cidadedastic.gal no plazo dunha semana desde a publicación do anuncio de licitación.

Xornadas de Portas Abertas da Cidade das TIC: 5 e 14 de Outubro de 2020. Os concursantes que o desexen, poderán visitar os terreos da Cidade das TIC; situados na Avenida Pedralonga, 32, 15009 A Coruña; os días indicados en horario de 10:00 h. a 18:00 h.

Scroll ao inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad